galería

expo antropotectura

Fotos da exposición individual "Antropotectura" na galería Monty4 da Coruña no 2023.

outras pezas

Fotos doutras esculturas.

outras expos

fotos doutras exposicións

reseña ANTROPOTECTURA

Reseña de Noelia Martínez Tajes

Cando Jose Perozo me amosou os primeiros bosquexos que darían forma ao que sería a súa seguinte exposición, crin ver unha continuidade da obra anterior. Estruturas arquitectónicas, tecnicamente perfectas, hibridadas con figuras antropomórficas que daban conta da fraxilidade e da fragmentación humana nun código plástico tremendamente poético.

É certo que a estética pos industrial segue estando aí e as preocupacións por un suxeito disoluto discorren pola súa escultura dunha forma tan orgánica coma o sangue polos nosos corpos. Mais cando tiven a oportunidade de ver rematada Antropotectura puiden apreciar como fluía unha sorte de enerxías contraditorias que se resolvían case que nun estado de conciencia superior. En Antropotectura, aparte dun pos industrialismo evidente, solidificado en construcións case transhumanistas, vin “o eterno resplandor”, a forma arquetípica coa que C. G. Jung se refería a beleza.

O grupo escultórico érguese entre a figuración e a abstracción, entre o clasicismo e a modernidade, entre o renacemento e o transhumanismo. Sérvese da representación clásica nunha linguaxe esgazadoramente contemporánea. Conxuga forzas apolíneas e dionisíacas que, iconicamente, reclaman unha nova mitoloxía que nos devolva a humanidade perdida en favor de procesos ultra racionalistas.

Perozo, nun esforzo case inconsciente, busca a resposta a unha das grandes preocupacións da filosofía. A saber, a procura do senso e da mellora das condicións humanas. En Antropotectura está o lamento pola perda da relación coa natureza do ser humano moderno, asumida como ente externo, comprensible, predicible e por tanto dominable, situación da cal resultou unha radical separación entre suxeito e obxecto.

Nesta exposición figura latente a ambivalencia entre a necesidade da tecnoloxía como ferramenta oportuna para a mellora das condicións das nosas vidas e a fatídica conversión por parte desta en obxectos submisos e maleables. Jose semella fuxir do exceso de racionalidade propio da técnica moderna mediante un reclamo universal da necesidade vital dun novo relato dotador de senso, sustentado na imaxinación.

Antropotectura constitúe unha disertación sobre a fraxilidade inherente a condición humana, que, como ser decitario, deseña arquitecturas sólidas que remata interiorizando como estratexias de inmunización nun mundo inseguro e cambiante. Tecnoloxías que, nun intento excesivo de protexernos da incerteza do destino e a morte, nos levan, aporeticamente, cara á perda da subxectividade, converténdonos nun obxecto máis que sustenta a engrenaxe dunha sociedade líquida e volátil.

En Antropotectura latexa a idea da necesidade dunha nova concepción do ser humano configurado dende a imaxinación, reclamando unha nova perspectiva que, mediante a auto inhibición, nos libere en favor dunha existencia auténtica.

Noelia Martínez TajesCo-comisaria, xunto con Monty4da mostra de Jose Perozo Antropotectura

ilustración bastións

ilustracións realizadas para o libro Bastións, escrito por Sandra Lesta e inspirado na serie de esculturas do mesmo nome

taller

fotografías do proceso de elaboración das pezas en taller

fotos r. yoshimura

fotos artísticas do fotógrafo Ramón Yoshimura

expo bastións

fotos da exposición individual Bastións na Igrexa da Universidade de Santiago en 2017

expo fragmentaria

fotos da exposición individual Fragmentaria na Fundación Eugenio Granell de Santiago en 2019