bio

Jose Perozo (Vigo, 1978) estudou Escultura na Mestre Mateo (Compostela) e Maquinaria Escénica e Construción de Decorados en Escénica (Granada).

No ano 2017 inaugura Bastións na Igrexa da Universidade (Santiago), unha exposición de 24 esculturas cunha marcada influencia do teatral e o escenográfico, representadas nunha linguaxe industrial e onírica.

No ano 2018 presenta Bastións II no Círculo de Empresarios de Galicia (Vigo), unha continuación da liña creativa da súa anterior mostra individual.

No 2019, como produto da residencia artística na Fundación Eugenio Granell (Santiago), presenta Fragmentaria, nova liña de traballo que afonda na construción do corpo humano nun sentido arquitectónico.

No 2020 expón no museo PO.RO.S de Coimbra (Portugal) Entre o volume e o plano, exposición conxunta co pintor Eduardo Ortún.

No 2021 inaugura HABITAR na galería La Doce (Boiro), unha mostra que sintetiza o seu traballo anterior sobre o xeito de construír o propio corpo.

No 2022 participa en Hybrid Art Fair, feira de arte contemporáneo que acontece na Semana da Arte de Madrid. Ademáis participa en colectivas como Existir en Ciudad Real e en Espacio Beny de Vigo.

En 2023 presenta ANTROPOTECTURA na galería Monty4 de A Coruña, nova individual na que afonda na arquitectura do corpo humano. Tamén en 2023 expón na colectiva Maldita Figura no Pazo Torrado de Cambados e en diversos proxectos colectivos con Espacio Beny: a exposición Humanidades (Vigo), a colectiva Ibero-Americana do Club Rotary (Sao Joao da Madeira, Portugal) e as feiras Artist 360 e Estampa en Madrid.

Durante eses anos participa tamén en diversos certames como o Gois-Oroso Arte ou a Bienal de Arte no Morrazo, ademáis de colaborar en exposicións colectivas como Retratos con alegoría de J. Méndez ou Tres Tristes Artistas na Casa das Peritas de Fisterra. Tamén traballa con galerías como José Lorenzo e Catro Gatos (Santiago), La Doce (Boiro), Espacio Beny (Vigo), Isadora e Monty4 (A Coruña).