Jose Perozo

Jose Perozo (Vigo, 1978) estudou Escultura no Mestre Mateo (Compostela) e Maquinaria Escénica e Construción de Decorados en Escénica (Granada).

Dende o ano 1998 reside en Santiago de Compostela, onde traballa no deseño e construción de escenografías e decorados para múltiples compañías de teatro e produtoras de cine e televisión.

No ano 2017 inaugura Bastións na Igrexa da Universidade (Santiago), unha exposición de 24 esculturas cunha marcada influencia do teatral e o escenográfico, representadas nunha linguaxe industrial e onírica.

No ano 2018 presenta Bastións II no Círculo de Empresarios de Galicia (Vigo), unha continuación da liñea creativa da súa anterior mostra individual.

No 2019, como produto da residencia artística na Fundación Eugenio Granell (Santiago), presenta Fragmentaria, nova liña de traballo que afonda na construción do corpo humano nun sentido arquitectónico.

Durante eses anos participa tamén en diversos certames como o Gois-Oroso Arte ou a Bienal de Arte no Morrazo, ademáis de colaborar en exposiciós colectivas como Retratos con alegoría de J.Méndez ou Tres Tristes Artistas na Casa das Peritas de Fisterra. Tamén traballa con galerías como La Doce (Boiro), Isadora (A Coruña) ou José Lorenzo (Santiago).